70 millóns pendentes de cobro

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes resulta inxustificábel que o Goberno do PP afirme que non hai cartos cando ten pendente de cobro máis de 70 millóns e medio de euros. Resulta intolerábel que dende fai anos estean pendentes de cobro cotas de urbanización de promocións inmobiliarias por valor de varios millóns de euros, cando as familias traballadores pagan puntualmente os seus impostos e no caso de non facelo o concello embárgalles de inmediato.

 

A devandita cantidade supera o importe total da débeda financeira municipal que segundo recentes declaracións do Tenente Alcalde Julio Flores é de 68 millóns de euros. Esquerda unida considera escandaloso que o concello coruñés teña máis cartos pendentes de cobro que a propia débeda do concello cos bancos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “a devandita débeda constitúe unha estafa para a cidadanía que pese á crise está a pagar os seus impostos e un impedimento para desenvolver máis políticas sociais e medidas encamiñadas á creación de emprego”.

 

César Santiso, aínda que recoñeceu que é unha situación herdada do Goberno bipartito, preguntouse cal é a razón pola que o Goberno do PP no fala deste escandaloso asunto “Será que é máis sinxelo non cobrar as débedas dos promotores e logo dicir que non hai diñeiro? Ata onde ten que chegar o tamaño da débeda para que o Goberno municipal faga algo ao respecto?”.

 

Non cabe dúbida que a esta situación indica unha nefasta xestión durante os Gobernos anteriores máis solicitamos ao actual Goberno municipal que tome as medidas correctoras correspondentes e depure responsabilidades políticas de quén non se preocupou de xestionar os cobros como correspondía.

 

Finalmente, Santiso anunciou que EU-V estuda posíbeis alternativas de solución para facer unha proposta ao Goberno local nos vindeiros días.

Relacionados