A ampliación de Alfonso Molina queda “aparcada”

 

Esquerda Unida considera que o anuncio do Ministerio de Fomento de atrasar a ampliación de Alfonso Molina ata o remate da terceira rolda evidencia a necesidade urxente de desenvolver un plan de mobilidade a través de participación cidadá, como o Plan Integral de Mobilidade Universal Sostible (PIMUS) que está a desenvolver Esquerda Unida. Do contrario o Goberno municipal estará sentenciando a cidadanía a vivir nun constante caos de tráfico durante os vindeiros anos.

 

Xa que logo, para o consello comarcal de EU Coruña a solución dos problemas de trafico na cidade non pasan pola mera ampliación das infraestructuras senón que é necesario promover a redución de vehículos mediante a promoción de medios de transporte alternativos, a curto e medio prazo, e, a longo prazo, a través da concienciación cidadá e a promoción doutros hábitos de vida ligados a mobilidade. Pois a realidade demostra que a ampliación das infraestructuras trae consigo o inmediato aumento de vehículos en circulación, como sucede nas grandes urbes americanas, e, xa que logo, incrementar os problemas medio ambientais, de saúde, ou de ruído, asemade de converter a cidade nunha urbe aínda máis dependente do petróleo, precisamente agora que sabemos da certeza do cénit do petróleo e a consecuente crise enerxética

 

O coordinador comarcal, césar santiso, indicou que “de novo se demostra a validez e pragmatismo das nosas propostas. Necesitamos urxentemente aparcadoiros disuasorios nos principais puntos de entrada á cidade e nos polígonos industriais, enlazados co centro mediante trasporte público”.

 

César Santiso tamén recalcou a necesidade de recuperar a tradicional vida de barrio coruñesa, media que ao tempo que permitiría promover ao pequeno comercio e así axudar na reactivación económica da Coruña e na creación de emprego, serviría para reducir drasticamente os desprazamentos dos coruñeses cara aos grandes centros comerciais e a o centro, o que obviamente aliviaría o tráfico.

Relacionados