Esquerda unida

A atención e protección sanitarias nas residencias de maiores debe ser unha prioridade

Reiteramos a necesidade de intervir as residencias de maiores e poñer inmediatamente todos os recursos da sanidade privada a disposición da loita contra esta epidemia.

Un día máis urximos a Feijóo  para que adopte todas as medidas necesarias para evitar o colapso nas residencias de maiores. A Xunta de Galicia debe dotar a estas residencias de material de protección e de medios humanos e técnicos que permitan os coidados necesarios para os residentes como traballadores.

Residencias de Celanova, centros privados da empresa Domus VI en Vigo, Cangas, Santiago e Carballo, temos constancia doutros en Ourense e A Coruña e novas denuncias en centros en Castro Caldelas, O Barco de Valdeorras, Fisterra e Viveiro, este é o panorama galego no que se refire a residencias de maiores, con infectados algún deles con mortes.

A política de privatización aplicada neste lustro polo Partido Popular con Feijóo na cabeza, non protexe nin defende á cidadanía, a saúde e os coidados non poden ser un nicho de negocio senón un dereito e un servizo públicos.