A candidatura de En Marea da Coruña preséntase como ferramenta para mellorar as cousas

En Marea presentou esta mañá a candidatura pola provincia da Coruña rematando así as presentacións dos homes e mulleres que conforman as súas listas para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, salientou que En Marea “é a ferramenta que este país necesita para solucionar os seus problemas, os problemas que deixa Feijóo, con xente que ten claro onde están os problemas, onde poñer os cartos non aos amigos, xente comprometida, disposta a deixar todo pola xente”.  Fronte á alternativa de En Marea, sinalou está o “escapismo de Feijóo que na súa última feijoada atreveuse a culpar aos concellos dos problemas dos incendios despois de incumprir o seu propio plan forestal, de precarizar e privatizar o servizo de extinción, ou abandonar a prevención centrándose case en exclusiva na extinción”.

“Temos un escapista, un cobarde, que non asume a súa propia incompetencia” denunciou o candidato á presidencia de En Marea. A candidatura da Coruña de En Marea está encabezada por Antón Sánchez, seguida por Luca Chao e Manuel Lago.

Ver lista completa:

A CORUÑA
1. Antón Sánchez García
2. Luca Chao Pérez
3. José Manuel Lago Peñas
4. Magdalena Barahona Martín
5. Francisco Pancho Casal Vidal
6. Flora María Miranda Pena
7. Xan Xove González
8. Mariló Candedo Gunturiz
9. Carlos Palacios Suárez
10. Lorena Dapena
11. Daniel Alejandro Calvete Suárez
12. Iria Otero Romero
13. Gonzalo Rodríguez Rodríguez
14. María Antonia Trillo Blanco

Relacionados