Por outra banda a teimuda realidade pon en evidencia, por moito que se empeñe o Goberno local en afirmar falazmente que ten en conta á veciñanza, o nulo espírito participativo da corporación. Logo de 7 anos da aprobación do regulamento de participación cidadá, obrigado pola Lei das grandes cidades, este non se está a utilizar como ferramenta efectiva de integración da cidadanía nas decisións do concello. Así, na actualidade a corporación continúa incumprindo a Lei de grandes cidades ao bloquear o desenvolvemento de tres órganos emanados da dita Lei: o Consello Social, o Defensor do Coruñés e a xestión por distritos.
Esquerda Unida considera que o estudio “a cidade dos barrios” pon en evidencia o aval da veciñanza as propostas de EU en materia de participación cidadá. A nosa organización leva meses desenvolvendo propostas a prol de outorgar a veciñanza unha participación activa e real na confección dos orzamentos para o seu barrio.
O consello comarcal subliña que Esquerda Unida e a única forza que está a apostar decididamente pola participación cidadá tal e como está a demandar a veciñanza. Así EU desenvolveu dúas liñas mestras de actuación, tanto no eido dos orzamentos participativos para que o investimento en infraestructuras nos barrios sexa definido pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as necesidades do seu propio barrio, como na participación no deseño do Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS).
As devanditas actuacións obrigarían a modificar o actual e oxidado regulamento de participación cidadá, dotándoo de maior contido e consistencia para convertelo nunha autentica ferramenta de participación cidadá. Así, as Asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións nos seus barrios, segundo uns orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribúense entre barrios segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Consello de distrito.
César Santiso, coordinador comarcal de EU, indicou que “os datos do estudo amosan que os coruñeses e coruñesas estamos fartos de que decidan por nos, con Esquerda Unida a participación cidadá será un feito tanxíbel, pois para nos a participación cidadá e os orzamentos participativos supoñen o eixo transversal das nosas políticas. Ao contrario do resto de forzas políticas, onde unhas aspiran a gobernar a cidadanía e outras a facelo para a cidadanía. Nos aspiramos a gobernar con a cidadanía”.