A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas reunida hoxe, vén de aprobar a celebración dunha Conferencia Política e Programática que terá lugar o vindeiro mes de marzo en Compostela. A súa vez a dirección nacional ratificou tamén as candidaturas provinciais e a candidatura á presidencia da Xunta que será encabezada pola coordinadora e deputada Eva Solla Fernández.
Neste contexto no que o goberno de Feijóo está “baleirando” o país de servizos públicos, de tecido industrial, produtivo e de emprego de calidade, Esquerda Unida ten asumida e teorizada a necesidade de recuperar e conformar, dende a diversidade e a diferencia, a unidade dunha alternativa seria de esquerda para Galicia. Neste marco, Esquerda Unida celebrará a Conferencia Política na que se analizará a situación real do noso país en base ao que traballaremos a proposta política e programática que dotará á organización dun proxecto sólido de cara á conformación dunha alternativa política de esquerdas capaz de gobernar o país.
“Plantexamos esta conferencia, en 2 partes, a reactualización da política de alianzas, de como entendemos a unidade popular que no 2012 foi un ensaio e que temos a evidencia de que é un camiño importante, ilusionante pero tamén con moitos problemas que temos que abordar de maneira colectiva. Tamén queremos poñer o mellor de Esquerda Unida na porposta programática do que terá que ser un programa de cambio de cara ás eleccións autonómicas” explica Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida.