A coordinadora nacional de Esquerda Unida aproba unanimemente a resolución na que se reitera a necesidade de erradicar a explotación sexual e a trata de persoas das nosas vidas

Esquerda Unida reuniu este sábado 22 de setembro en Compostela a súa coordinadora nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, co fin de deixar pautadas as liñas básicas de traballo e ruta a seguir de cara aos procesos políticos de 2019.

En relación ao Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, este 23 de setembro, Esquerda Unida aprobou unanimemente unha resolución na que se reitera que os gobernos e as administracións asuman dunha vez as súas responsabilidades e competencias para atallar esta lacra e teñan vontade política e ética para poñer os medios necesarios co obxecto de erradicar a explotación sexual e a trata de persoas das nosas vidas.

O acto arrancou co informe político de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, que analiza a actualidade e os problemas e retos máis relevantes do país e recolle as inmediatas tarefas para a organización, das que deu conta o secretario de Organización Rubén Pérez, quen falou dos procesos de confluencia e acumulación de forzas dende a esquerda, da man da participación e o diálogo á hora de mudar as políticas neoliberais a prol da maioría.

Descarga dende aquí a resolución.

Relacionados