A coordinadora nacional de Esquerda Unida elixe por unanimidade ao seu órgano executivo

Esquerda Unida reuniu esta en Compostela a súa coordinadora nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, que elixiu por unanimidade ao seu órgano executivo.

“Nesta primeira coordinadora de Esquerda Unida, vimos de escoller esta mañá ao órgano executivo que vai a comezar o seu traballo na vindeira semana. Queríamos que varias das persoas que formaban parte do órgano executivo anterior tiveran continuidade pola súa experiencia, tales como Rubén Pérez, responsable de Organización e Finanzas de Esquerda Unida, Graciela Rojo, responsable de área Interna e José María Tubío, responsable tamén en Finanzas, así como os ex deputados de AGE Ramón Vázquez, responsable de acción política e Xabier Ron, responsable de formación, nomeados polo recoñecemento da súa labor política destes anos”, explica Solla.

“Doutra banda, quixemos dar paso a outras persoas para facer eco desta renovación que tíñamos en mente. Temos responsabilidades no conflito social, asumida por Guillermo Crego, e compañeiras e compañeiros que estarán no órgano como vocais, que son Jesús López, Raquel Bernárdez, Loreto Taibo e Miguel Castro”, sinala a coordinadora de Esquerda Unida que, con ela, suman 11 persoas as que formarán parte da Executiva Nacional de Esquerda Unida.

“Agora, dende a nova executiva, imos continuar co traballo de rúa e dos movementos sociais con forza. Debido á unanimidade coa que se expresou a Coordinadora nacional saímos deste proceso reforzadas, contentas, e dispostas a continuar este traballo e afrontar os novos retos con ilusión”, termina Solla.

Escoita as declaracións de Eva Solla:

Relacionados