A Coruña perdeu 207 empresas

 

Esquerda Unida considera que os orzamentos do 2012 significan a incapacidade do Goberno do PP de racionalizar o funcionamento do Concello.

 

Segundo indica o informe económico financeiro, na liquidación do imposto de actividades económicas do ano 2012 haberá 207 empresas menos, e hai que ter en conta que este imposto só é liquidado a empresas con máis de un millón de euros de facturación, polo que isto significa que a nosa cidade perdeu unha parte significativa do seu tecido produtivo no último ano.

 

Á vista deste dato Esquerda Unida – Os Verdes entende que o maior esforzo do Goberno Municipal debería centrarse nunha aposta decidida pola reactivación económica, a recuperación do tecido produtivo e o cambio do modelo produtivo para xerar emprego.

 

Con todo, o Goberno local continua coa política do PSOE de contratar grandes obras con as multinacionais do formigón e o ladrillo, en lugar de apostar pola reactivación económica das PEMES, cooperativas e autónomos.

 

Esquerda unida considera que os orzamentos do 2012 non inclúen a aposta decidida pola economía produtiva que a cidade necesita.

 

Resulta lamentábel que o aforro neto, a diferenza entre ingresos e gastos de funcionamento, é dicir os verdadeiros recursos para investimento do concello tan so alcancen 6.323.553 euros. Xa que dos 30 millóns que alegremente anuncia o Goberno municipal 10 millóns correspondense a contribucións especiais de veiños e cotas de urbanización do Ofimático, e por lo tanto non son fondos propios do Concello senón que son pagos da veciñanza comprometidos a obras específicas. 11,5 millóns acadaranse mediante préstamo financeiro do cal os seus intereses os soportaremos todos os coruñeses e coruñesas e 3 millóns son achegas doutras administracións.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reafirmase na necesidade urxente de desenvolver un Plan de Reorganización da Administración Coruñesa para evitar que 182 dos 225 millóns orzamentados sexan para gastos de funcionamento, e dicir gastos correntes e de perosal.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a cidade perdeu no ultimo ano 207 empresas de mais de un millón de euros de facturación, esta auténtica traxedia ten culpábeis: PP e PSOE”.

 

César Santiso puxo como exemplo que “a construción do túnel do parrote para o soterramento do tráfico lévase a mitade do investimento real do Concello, resulta abraiante que en plena crise económica a mitade dos recursos reais do Concello adíquense a unha obra faraónica destinada a maior gloria do alcalde”.

 

Así, Santiso concluiu decindo que “en definitiva, unha vez máis constátase que as políticas do PP e do PSOE coinciden ate no ambito municipal. Ambos os dous partidos estan esgotados e polo ben da cidadanía e da propia democracia, cumpre superalos con celeridade”.

Relacionados