A Corua. A Pinza chámase PPSOE

Insidias que tratan de reflotar a teoría da pinza nun intento desesperado para que o PSOE non se afunda logo destes comicios electorais.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida da Coruña quere manifestar que a única pinza política que existe nestes momentos en España é a que forman PSOE e PP, partidos que defenden políticas neoliberais a favor da especulación, tanto inmobiliaria como financeira, e do enriquecemento dos máis púidentes, como o proba o feito da nula intención de ambos os dous por aplicar unha profunda reforma fiscal permitir acadar a xustiza social ao tempo que nutra as arcas do Estado para reactivar a economía.

A pinza PPPSOE ponse de manifesto tamén na nosa cidade mediante a colaboración que manteñen os dous partidos para favorecer cambios arbitrarios nos planos urbanísticos e para impedir a formación de comisións de investigación que aclaren os escándalos urbanísticos da etapa socialista.

Esquerda Unida reclama para si o voto útil da esquerda poñendo en valor o plan para crear tres millóns de postos de traballo mediante propostas factíbeis para as necesidades reais da cidadanía, trátase pois de por o Estado aos intereses das persoas e non dos mercados como están a facer PP e PSOE.

“Os intereses comúns do Partido Popular e do Partido Socialista pasan por lexislar ao ditado dos mercados e seguir favorecendo aos promotores inmobiliarios aínda a costa de construír grandes superficies que destrúan o tecido do pequeno comercio local. Esa é a pinza da que non fala o directivo de multinacionais Felipe Gonzále e que se visualiza de forma clara na nosa cidade”, declarou a candidata por Esquerda Unida ao Congreso, Mariluz Canal.

Relacionados