A Coruña. Democracia Participativa

 

A coalición Esquerda Unida – Os Verdes pula pola consecución dun estado social participativo que promova o interese común, a equidade e a solidariedade mediante mecanismos participativos que permitan un proceso de toma de decisións máis consensuado cona cidadanía. Por iso propoñemos reformar os mecanismos de participación cidadá incluíndo a modificación de leis orgánicas, ILP, Referendo ou consultas populares municipais. Asemade de lexislar Orzamentos Participativos, vinculantes e con control social da súa execución.

 

En definitiva, Esquerda unida aposta decididamente por a participación cidadá para avanzares cara a democracia real, para o cal débese empezar por cambiar a Lei electoral para garantir a proporcionalidade na repartición de escanos e que todos os votos vallan por igual, xunto cunha profunda democratización das Cortes Xerais, dos Parlamentos das CCAA e dos Plenos Municipais, para asegurar o control do poder executivo e a participación das minorías e da sociedade nos mesmos.

 

A candidata ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, indicou que “dende a esquerda real asumimos as demandas do 15M, compartimos o seu descontento e mal estar e as súas denuncias en canto á lexitimidade das elites gobernantes”. Aínda que precisou que moitas das súas demandas xa eran reivindicacións históricas de Esquerda Unida.

 

Mariluz Canal, valorou moi positivamente ao movemento social pola súa capacidade para transmitir unha nova conciencia de participación e protagonismo político, principalmente entre a mocidade.

Relacionados