A Coruña: Economía sustentábel

 


A coalición Esquerda Unida – Os Verdes pula pola consecución dun novo modelo económico máis sostible e igualitario, mediante un amplo consenso político e social como o que propuxeron os sindicatos. Asemade de realizar unha reforma fiscal máis xusta e aumentar o investimento produtivo, xerador de postos de traballo de calidade.

 

En definitiva, Esquerda unida aposta por terminar coa economía especulativa que foi a responsábel da actual crise económica e dos millóns de parados que hai no noso país.

 

A candidata ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, indicou que “Nin o PP, nin o PSOE, nin Rajoy, nin Rubalcaba van facer nada para cambiar a situación actual”. A alianza PP – PSOE é a alianza dos mercados financieros, dos especuladores inmobiliarios, dos recortes ao estado de benestar e da falta de democracia.

 

Mariluz Canal indicou que Esquerda Unida – Os Verdes ten propostas concretas para crear emprego de calidade, para mellorar a economía e seguir desenvolvendo o estado de benestar, con unha sanidade e unha educación públicas e de calidade.

Relacionados