A coalición Esquerda Unida – Os Verdes pula pola consecución dun novo modelo electoral no que todos os votos teñan o mesmo valor. Non pode ser que un voto en Soria teña dez ou quince veces máis valor que un voto en Madrid ou Barcelona. O principio de un cidadán un voto está roto co modelo electoral actual.
En definitiva, Esquerda unida aposta por terminar cun sistema electoral que favorece o bipartidismo e nega a representación política a millóns de cidadáns. Esquerda Unida ten dos deputados no Congreso pese a estar apoiada por un millón de votos, mentres que outras forzas teñen tres deputados pese a gozar do apoio de so trescentos mil votos.
A candidata ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, indicou que “A leis electorais actuais obrigan ao bipartidismo. Os desexos da cidadanía non contan. Nin Rajoy, nin Rubalcaba van facer nada para cambiala situación actual. A alianza PP – PSOE é unha alianza que por medio do actual sistema electoral non deixan que a xente se desmarque da ditadura dos mercados financeiros.”
Mariluz Canal indicou que Esquerda Unida – Os Verdes ten propostas concretas para crear emprego de calidade, para mellorar a economía e seguir desenvolvendo o estado de benestar, con unha sanidade e unha educación públicas e de calidade.