A Coruña. Mércores Acto Ferrol

 

Intervirán Mariluz Canal, primeira candidata ao Congreso, Sari Alabau, candidata da coalición ao Senado e Xosé María Dobarro, número dous da lista provincial ao Parlamento do Estado. Acto que contará cunha actuación musical para xuntar a palabra coa música na procura dun mundo mellor.

 

A Coalición de esquerdas aproveitará esta cita pública coa cidadanía para expoñer as medidas sobranceiras que no eido programático e de valores informan unha proposta alternativa e de transformación social  en defensa da maioría social traballadora do país.

 

Mariluz Canal afirma que a voz útil e necesaria no Congreso, voz que ten un programa, o de Esquerda Unida -Os Verdes, elaborado colectivamente. “Os intereses do mundo do traballo terán en nós un valedor formidábel, e pola contra seremos implacables cos banqueiros, especuladores e demais causantes da crise”, sinala Mariluz Canal.

 

Un programa para xerar emprego estable e con dereitos e para fornecer os elementos definitorios do estado do benestar, educación, sanidade, dependencia e xustiza. Un programa para ampliar e estender a calidade da praxe democrática e que garanta que sexa a cidadanía a que decida nos temas importantes e que non van ou se agochan nos programas electorais, ou sexa, os recortes que obedientes, PP e PSOE acordan cando gobernan, para condenar cando restan na oposición. Unha nova lei electoral que garanta a proporcionalidade e o valor igual dos sufraxios. Un programa que constrúa unha igualdade real entre mulleres e homes derrotando a discriminación e violencia que propicia a alianza entre capitalismo e patriarcado. Unha programa que acometa a laicización do Estado. Un programa que forneza o autogoberno nacional, mediante unha reforma do Estado de carácter federal e tamén que poña en discusión a  súa forma, se monárquica ou republicana. Estas son algunhas das medidas centrais enumeradas pola candidatura de esquerdas.

 

Esquerda Unida – Os Verdes subliña  o acento no valor do voto rebelde para transformar nas institucións as políticas, para ter no Parlamento a forza suficiente en defensa dos intereses dos máis desta sociedade. Para tal finalidade, as candidatas e candidato da coalición van conxurar o público asistente a que as sosteña e difunda na recta final da campaña electoral.

Relacionados