A Coruña. O PP quitase a careta

 

Dolores de Cospedal augura “protestas cando Mariano Rajoy diga o que hai que facer”; o propio Rajoy indica que cando marque as prioridades poderá tocar “todo” menos as pensións e que cree que en dous anos xa se poderá crear emprego; e o vicepresidente da patronal di que “Rajoy non é a virxe de Lourdes” pero debe levar a cabo unha reforma laboral “contundente” nada máis gañar as eleccións.

 

Esquerda Unida denuncia que o programa do PP inclúe o fin da asistencia a dependentes e o fin da sanidade e da educación universal gratuíta. Como o demostra o feito que o propio Mariano Rajoy deixe entrever a imposibilidade de cumprir coa Lei de dependencia.

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera alarmante o verdadeiro contido do programa do PP, baseado en recortes e privatizacións en lugar de incentivar a economía dende o público. O que ven a demostrar que o PP nin reactivará a economía, nin cambiará o modelo produtivo, nin investira en servizos sociais. E dicir o PP non creará emprego, simplemente dedicarase a facer recorte tras recorte tal e como lle manden os mercados.

 

A candidata ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, denuncia “Rajoy, Aguirre e Cospedal xa o están dicindo: recortarán todo menos as pensións. Tamén os impostos dos máis puidentes.“

 

“Estas declaracións mostran o verdadeiro programa e talante do Partido Popular, plagado de medidas inconfesábeis que non figuran nos folletos que reparten entre a cidadanía. Se Cospedal augura protestas cando se saiba a verdade do que hai que facer, quere dicir que esa verdade non é o que está a dicir Rajoy este días”, declarou Mariluz Canal.

 

E tamén engadiu: “A única saída real da crise pasa polo desenvolvemento de políticas que impidan a desigualdade crecente entre as cada vez maiores ganancias dos especuladores e as cada vez máis pequenas rendas das familias traballadoras. As políticas do Partido Popular pulan exactamente polo contrario, que é aproveitar a crise para que os ricos sexan máis ricos a costa dos sacrificios dos máis necesitados.”

Relacionados