Coruña. PPSOE seguiran a recortar

 

As súas estimacións dan un 6,6% en lugar de 6% en 2011, 5,9% en lugar de 4,4% en 2012 e 5,3% no canto de 3% en 2013. En total serían 41.000 millóns de € nos próximos tres anos. En consecuencia, a débeda pública aumentaría ata o 70%.

 
Diante desta situación Europa presionará para que se cumpran os obxetivos de déficit, polo que
Esquerda Unida advirte que tanto PP como PSOE cargaran de novo contra as familias traballadoras para cumprir coas obrigas europeas.

 

No cuarto trimestre, a economía española entrará en recesión. En 2012 O consumo previsto tamén descenderá e o crecemento será do 0,7%, un terzo do que o Goberno estimou, asemade, a situación de estancamento dos nosos principais socios europeos impedirá o aumento das nosas exportacións e, xa que logo, a recuperación pola vía do comercio exterior.  Isto é produto da continuidade das políticas de axuste e austeridade que están destruíndo emprego e precarizando as nosas vidas, por iso a proposta  dunha reforma fiscal xusta e progresiva formulada pola coalición Esquerda unida – Os Verdes é a única maneira de cumprir coas esixencias europeas en canto a déficit sen aplicar recortes a maioría social. Unha reforma baseada no principio de que pague máis o que máis ten, que ten como puntos máis destacados:

 

    Eliminar as vantaxes fiscais dos Deputados e outros cargos públicos.
    Imposto especial sobre movementos de capital en paraísos fiscais.
    Imposto as grandes fortunas

    Que coticen igual as rendas do capital que as de traballo (agora cotizan máis os traballos que ter accións)

    Supresión da exención do IBI a igrexa

    Perseguir o fraude fiscal.

    Loitar contra a economía mergullada

    Incrementar o tramo impositivo do IRPF dos que máis cobran: de 60.000- 120.000 ata o 45% e máis de 120.000 € 50%.

    Subir 5 puntos o imposto de sociedades para as grandes empresas (con beneficios superiores a 1 millón de € e facturación de 45 millóns de €).

Todo o contrario do que temos na actualidade, pois as rendas do traballo seguen pagando aínda máis impostos que as rendas do capital. Segundo os inspectores de Facenda, a participación dos salarios na recadación fiscal pasou en 4 anos do 79,4% a un 86%, é dicir, 6,5 puntos máis. Mentres que diminuíu a participación dos salarios no PIB.


Os datos mostran claramente que as políticas económicas neoliberais defendidas por PP e PSOE, estannos afundindo cada vez máis, o desemprego e os recortes seguirán aumentando. Polo tanto a saída da crise ten que ser pola esquerda, a través do investimento público para promover o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo, incrementando servizos sociais, potenciando a eficiencia enerxética e apostando decididamente pola chamada economía verde.

 

A candidata ao congreso dos deputados, Mariluz Canal, indicou que “os cidadáns que voten por PP ou PSOE o 20N estarán aceptando implicitamente outra batería de recortes”.

Relacionados