A Coruña. Propostas sobre Vivenda

 

A coalición Esquerda Unida – Os Verdes desenvolverá unha lei que recoñeza o dereito subxectivo á vivenda e un parque público de vivendas en alugueiro a prezo xusto moderado a partires dos stocks de vivendas que detenta a banca e os promotores, adquiridas polas administracións a prezo de custo, mediante o emprego de cédulas hipotecarias e outros mecanismos financeiros.

 

Esquerda Unida propón a suspensión e moratoria de execución dos procesos de desafiuzamento derivados de situación de desemprego mediante o artellamento dun mecanismo que permitirá ás familias continuar residindo na vivenda  mediante un pago que non exceda do 30% dos seus ingresos. Asemade eliminaranse por lei as cláusulas “solo” nas hipotecas en vigor e nas futuras e se favorecerá o acceso a mocidade e a autoconstrución de vivendas.

 

A candidata ao congreso dos deputados, Mariluz Canal, indicou que “as medidas de EU-V en canto a vivenda son factíbeis e de xustiza nun estado onde hai máis de catro millóns de vivendas valeiras, un 25% dos cales son de nova edificación, e onde os procesos de desafiuzamento afogaron  no día de hoxe a máis de 300.000 familias, sen que haxa visos de que cese este crime social. A vivenda será unha prioridade básica no quefacer do Grupo Parlamentar de Esquerda Unida -Os verdes no Congreso”.

Relacionados