Esquerda Unida – Os Verdes denuncia o fracaso da política de recortes á cidadanía e de beneficios fiscais para os poderosos executada polo PP e o PSOE ao ditado dos mercados financeiros.
Diante desta evidencia, urxe unha inmediata e profunda rexeración política que permita aplicar outro tipo de políticas, por iso Esquerda Unida pula por unha saída da crise baseada na inversión pública que propicie o cambio do modelo produtivo e mellore as prestacións sociais.
A nosa candidata ao congreso dos deputados por A Coruña, Mariluz Canal, denuncio que “os mercados financeiros son insaciábeis, nunca terminaran de esixir sacrificios para as familias traballadoras e beneficios fiscais para os millonarios”
E tamén engadiu: “A única saída real da crise pasa polo desenvolvemento de políticas que impidan a desigualdade crecente entre as cada vez maiores ganancias dos especuladores e as cada vez máis pequenas rendas das familias traballadoras.”