A deputada de En Marea Eva Solla esixe ao Conselleiro de Sanidade solucións respecto á situación das e dos auxiliares de enfermería de Vigo: “Elas e eles fan un traballo humano importantísimo, non teñen que transportar a roupa sucia”, dixo.
“Estamos a falar dunha falta de respecto aos profesionais. Porque antes de que vostedes privatizaran o hospital estes problemas non existían. E da incompetencia da xerencia pública para enfrontarse á privada. Isto é un insulto ao persoal”, insistiu a deputada, que resaltou os “pésimos resultados e elevados custos para a sociedade que teñen as privatizacións” que fai o PP na nosa sanidade pública.