ponteareas.gif - 5.86 Kb

A dereita en contra das eleccións municipais

 

 

Ponteareas conta con 24 parroquias incluída o propia vila, e o PP ven de comunicar a Xunta Electoral que só o auditorio será o espacio publico cedido para a celebración de actos.

 

Tampouco aparecen ningún sitio onde poder pegar carteis, colgar bandeirolas, pancartas…. Esta  dinámica da dereita, corresponde a de boicotear unhas eleccións municipais, onde intentan non darlles a voz ou espazos o resto de  partidos que se presentan.

“O auditorio símbolo da corrupción e da delincuencia organizada de Ponteareas”, logo de mais de vinte anos da súa construcción e logo dunha reforma cunha inversión de preto de dous millóns de euros o PP  presenta este espacio a sabendas que non é útil para moitos partidos.

Esquerda Unida denuncia que logo desa desorbítante inversión o auditorio que conta con dúas salas unha de 500 butacas e outra de 90 non poderá ser usado de forma SIMULTÁNEA xa que o PP se lle esqueceu insonorizar ou dividir unha sala da outra, polo que o auditorio será usado en función dos votos obtidos nas últimas eleccións, pechando a porta os partidos que queiran facer o peche de campaña o último venres.

Esquerda Unida esixe o PP que poñan a disposición da Xunta electoral os locais alternativos, invitámolos a ler os locais postos a disposición neutros concellos onde achegamos o BOP.

 

BOP 15-04-11 LOCAIS E ESPAZOS.pdf
1216 K   Ver   Descargar  

Esta acción e un símbolo mais da desesperación da dereita en Ponteareas que concorre as eleccións cunha lista oficial e unha lista escoba, por si alguén se despista no seu voto.

Relacionados