A falacia sobre as axudas de comedor

 

Con todo, o que realmente fixo o Goberno municipal é limitarse a aplicar o modificativo de crédito que tiña previsto o Goberno bipartito para manter as axudas no nivel do ano anterior, cando a realidade indica que no ano escolar 2011-2012 o número de familias necesitadas que demandaron a axuda incrementouse en 124.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “é unha falacia afirmar que o goberno municipal ampliou as axudas para comedor, mediante un xogo de palabras preténdese confundir a cidadanía”.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que conxelar as axudas de comedor escolar cando se produce un incremento da demanda do 19% significa un recorte social, por iso solicita ao Goberno coruñés que aumente as becas nos comedores escolares para adecualas ao incremento da demanda, e así paliar as posibilidades de que máis familias coruñesas entren en risco de exclusión social por mor da crise, algo que na actualidade sucede con máis do 10% da poboación da nosa cidade.

Relacionados