A falla de gasoil obliga a comprar estufas

 

 

O grupo de goberno optou no día de hoxe, varios días despois, pola merca urxente de estufas para os despachos das/os traballadores/as, co consecuente incremento de gasto para as arcas municipais por esa falla de previsión e as deficientes condicións de traballo para os empregados/as públicas dado que a temperatura, a pesares das estufas, siguen sin ser óptimas para un traballo estático.

 

O que esqueceu o goberno municipal foi a compra de estufas para os locais dos grupos municipais que seguimos a padecer temperaturas inferiores ás existentes na rúa, e na sala de comisións a pesares de realizarse reunións como sucedeu no día de hoxe, como a comisión de promoción económica.

 

Dende o  G.M. De EU queremos felicitar as/os traballadoras/es do Concello que a pesar das condicións nas que están a traballar siguen asistindo ó traballo e atendendo ós asuntos municipai, ó igual que imos facer no noso grupo municipal a pesares de non contar con estufas ata o día de hoxe, xa que maña baixaremos unha estufa da casa para que as/os veciñas/os que nos veñen a facer consultas non salgan cunha gripe do noso local.

Relacionados