os seus aforros nas preferentes, eses produtos que son exemplo do mal facer dunhas finanzas pensadas e executadas contra a cidadanía. Fálase de quitas cando do que se trata é de que as persoas recuperen o capital inicial que investiron, con enganos da banca, neses produtos.
Esquerda Unida lémbralle ao alcalde que hai apenas uns meses se aprobou no Pleno do concello unha moción para procurar unha solución desa fraude que ten centos de afectados na nosa cidade. Queremos saber que fixo alcaldía dende entón para achegar unha solución que salvagarde os aforros da nosa veciñanza.
No pasado Pleno ordinario de agosto, o Goberno Municipal impediu o acceso ao concello e ao salón de sesións a varias persoas do colectivo de afectados polas preferentes, nun exercicio inaceptable por antidemocrático, ao seren os plenos públicos e o concello a casa de todas e todos. Este venres, o colectivo vaise reunir cos partidos políticos da oposición para estudar a situación e posibles medidas.
“Primeiro somos as persoas e non os banqueiros”, dixo Yolanda Díaz, para significar que a fraude das preferentes ten que se arranxar en favor dos intereses dos aforradores. E dende logo hai que castigar as malas prácticas bancarias, que de non resarcirse aos aforradores afectados quedarán santificadas na impunidade.