A hipocresía do PP e do PSOE

 

Mais o PP votou en contra dunha moción similar presenta por Esquerda Unida con anterioridade a do PP na que entre outras acordos similares a do PP, instaba ao Goberno municipal a comprométese a que os servizos xurídicos do Concello activasen os mecanismos xurídicos necesarios para que se investigue si detrás das escandalosas prexubilacións puidese existir feito delictivo, como se está a facer coa Caixa de Aforros do Mediterraneo (CAM).

 

O PP plaxiou a iniciativa do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes modificando a moción para evitar que os servizos xurídicos municipais investigasen si hai delito nas indemnizacións a directivos. O PP di que está en contra das prexubilizacións escandalosas pero, con todo, non quere que a xustiza meta man no caso, nin que o Concello defenda os intereses da cidadanía coruñesa.

 

Esquerda Unida considera hipócritas as actuacións de PP e PSOE en relación coas indemnizacións dos directivos de Novacaixagalicia os primeiros por utilizar unha artimaña política para evitar ter que desenvolver accións xurídicas contra as indenminzacións e os segundos, por apoiar unha moción na que se insta a dimitir aos membros do consello de administración de Novacaixagalicia, para inmediatamente un dos seus concelleiros anunciar que non va a dimitir.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “unha vez máis observase como PSOE e PP actúan de cara a galería, enchéseslle a boca falando de ética mais logo evitan as investigacións. Din unha cousa pero fan outra, dende logo apañamos estamos os españois si son estes dous partidos os que nos teñen que sacar da crise”.

Relacionados