A igrexa debe pagar polo patrimonio

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través da súa viceportavoz Yolanda Díaz, vén de esixir que a Xunta inventaríe no prazo dun mes, as propiedades da Igrexa católica e, despois, aplique as taxas autonómicas correspondentes en todo o patrimonio da Conferencia Episcopal agás nos lugares específicos para o culto. Fíxoo na comisión 3ª do Parlamento, en que Díaz se referiu ás 3.792 parroquias católicas existentes en Galicia e ás que hai que engadir mosteiros, ermidas, casas reitorais e outros inmóbeis. Todas estas propiedades quedaron suxeitas á reforma da época Aznar, que lle permitiu á xerarquía católica –e só á xerarquía católica- inscribilas sen ningún apoio documental e logo vendelas e obter plusvalías. “Isto nin sequera nun Estado como este, aconfesional, que aínda dista moito do Estado laico que nos defendemos, é de recibo”, expuxo a viceportavoz de Alternativa.

O PP votou en contra da iniciativa de AGE que, malia as interpretacións nesgadas da dereita, é, en palabras de Díaz, “respectuosa coas crenzas” e diríxese unicamente contra unha norma “incompatíbel cos principios constitucionais de igualdade relixiosa, neutralidade e separación entre poderes”.

 

Relacionados