Eva Solla: “Esquerda Unida mobilízase neste 14 de abril ante a necesidade dun proceso constituínte que nos leve a unha Terceira República”

Hoxe 14 de abril, en conmemoración da proclamación da Segunda República, Esquerda Unida sumouse ás mobilizacións cívicas convocadas polo colectivos republicanos por todo o país. A nosa coordinadora nacional, Eva Solla, participou na manifestación que tivo lugar en Vigo.

Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso sinalar e denunciar a incompatibilidade deste sistema actual coa sustentabilidade medioambiental do planeta, coa falta de dereitos que están a padecer as mulleres e cunha situación a nivel social marcada pola “lei mordaza” e demais normas, cada vez se parece menos a unha democracia avanzada.

A República representa un modelo de estado que supón o amparo de todos os dereitos sociais e civís que hoxe defendemos con outros colectivos e organizacións de homes e mulleres de esquerda que defendemos o modelo dun estado moderno, feminista, socialista que defenda os dereitos sociais e o reparto da riqueza”, di Eva Solla.

A necesaria construcción da Terceira República cada día [Manifesto]

 

Relacionados