Negativa do PSdeG á fronte común

Posteriormente participamos activamente nas mesas de converxencia, logo desenvolvemos a convocatoria social, un proceso participativo por un novo programa político para a esquerda, agora chamamos a cidadanía para unha rebelión democrática.

En definitiva unha intensa traxectoria na procura de acadar a esquerda a hexemonía que lle corresponde á maioría social deste país. Un proceso que require grandes doses de xenerosidade e diálogo para acadar o mínimo común múltiplo que nos permita converxer a todos e todas os que afirmamos que fronte a barbarie dos mercados, hai unha alternativa de esquerdas.

A executiva nacional de EU considera que a negativa do PSdeG a formar unha fronte ampla de esquerdas contra o PP, demostra o seu nulo interese por transformar a situación actual de sufrimento que viven as familias traballadoras. Pola nosa banda como xa temos anunciamos en múltiples ocasións,  negámonos a actuar con apriorismos e abrimos o diálogo a todas as organizacións de esquerdas que pulen por rachar coa situación de inxustiza social e insustentabilidade medioambiental na que vivimos.

Xa que logo, Esquerda Unida chama a todos os e as simpatizantes do PSOE desencantados coas súas políticas a participares na Syriza galega, vivimos tempos excepcionais que requiren actuacións excepcionais nos que a esquerda, máis que nunca, debe actuar conxuntamente para que rematen os ataques contra os traballadores e traballadoras e os recortes de dereitos contra a maioría social, porque está en xogo o modelo de sociedade, os dereitos sociais e ate a propia democracia.

A coordinadora nacional de EU e candidata á presidencia da Xunta, Yolanda Díaz, indicou que “sabíamos que era difícil un cambio de actitude por parte da cúpula do PSOE mais non quixemos renunciar a que rectificasen a súa deriva neoliberal cara verdadeiras políticas de esquerdas”. Lamento a súa renuncia a manter un diálogo constructivo, como era a nosa obriga nós o intentamos a pesares de saber que é un partido sistémico que acata as directrices dos mercados como demostrou cando gobernaba ou co reformazo constitucional pactado co PP de costas á cidadanía e ao resto de organizacións políticas. En todo caso, mantemos o noso ofrecemento de diálogo sempre que estean dispostos a rectificar a súa errática política, deben ser eles os que decidan si queren formar parte da Syriza galega ou prefiren conformar o bloque sistémico co PP, ao estilo do PASOK.

 

Relacionados