Planta de gas sen plan de emerxencias

 

Queremos lembrar  que a Dirección Xeral de protección Civil da Xunta calculara en agosto de 2007  que o devandito plan estaría completado no prazo dun ano. A realidade demoledora é que pasados catro anos aínda seguimos sen ter desenvolvido por completo este documento.

 

Yolanda Díaz chama a atención diante dos riscos asociados a unha instalación desta natureza, que no caso que nos ocupa se multiplican polo seu emprazamento ilegal e os incumprimentos das directivas de seguridade; a fortiori, que nesta situación aínda por riba non se teña desenvolvido completamente o plan de emerxencias dá conta do desleixo das autoridades públicas (Xunta bipartita e Xunta do PP),  nunha maridaxe indigna entre o político e o económico que se prolonga no tempo.

 

A superfluidade (unha instalación que produce moi por debaixo da súa capcidade), perigosidade e ilegalidade (incumprimentos das directivas de seguridade e tres sentanzas contrarias) caracterizan unha instalación que concita un amplo rexeitamento cidadán, que se aglutina no traballo arreo do Comité Cidadán de Emerxencia.

 

Esquerda Unida vén defendendo ademáis a inclusión desta instalación no catálogo de supostos do Plan de Emerxencia Municipal, dada a súa relevancia potencial neste eido.

 

Relacionados