A promesa do alacalde sobre Penamoa

 

Esquerda Unida considera oportunista e pouco críbel a promesa do alcalde de converter o asentamento chabolista de Penamoa nun espazo de ocio para os cidadáns.

 

O coordinador comarcal e candidato á alcaldía de EU, César Santiso, indicou que “con esta proposta o alcalde está a cumprir a súa afirmación de onte: «ya se sabe que en campaña se dice y promete de todo», pois a pesares de que a proposta semella atractiva, será difícil que a veciñanza crea a promesa do alcalde, logo de abandonalos durante anos a súa sorte. César Santiso preguntouse si o alcalde consultou coa veciñanza do barrio antes de tomar a decisión de facer a devandita proposta.

 

Santiso, prometeu que si Esquerda Unida goberna ou ten capacidade de decisión en Mª Pita escoitará aos veciños e consensuará con eles o destino final e o equipamento mediante participación cidadá. “Desenvolveremos asembleas de barrio para que a veciñanza elixa democraticamente o mellor uso social para os terreos”.

 

O consello comarcal de EU Coruña denuncia que o Goberno municipal nunca tivo en conta á veciñanza do Ventorrillo no conflicto de Penamoa, evitando o diálogo e obviando as súas reclamacións até o punto de non responder nin aos escritos presentados por rexistro.

 

Así pois, a desidia do concello mantén ao barrio do Ventorrillo nunha situación crítica que so coñece ben quen alí vive: contaminación ambiental por culpa dos fumes tóxicos producidos pola queima de plásticos, insalubridade e falta de hixiene e falta de seguridade cidadá debido á trasfega constante de toxicómanos. Con todo o alcalde ten a coraxe de afirmar que ten cumprido a súa promesa en relación a Penamoa.

 

Xa que logo, Esquerda Unida denuncia que o poboado non está desmantelado, que os veciños do Ventorrillo están descontentos coa actuación do concello, que se están a incumprir as normas en materia medio ambiental e de saúde, asemade de que o plan de integración constituíu un fracaso e un grande malgaste de cartos.

Relacionados