A “neoescravitude”

Cando o presidente da CEOE, Juan Rosell, propuxo onte luns retirar aos contratos indefinidos algúns «privilexios» para llos incrementar aos temporais, que, segundo afirma son el 90 por cento dos contratos que se realizan, o que realmente está a propoñer é precarizar o traballo indefinido ata niveis similares á contratación eventual.

Alternativa Galega de Esquerda lamentan a falla de moralidade do señor Juan Rosell pregunta se os traballadores e traballadoras fixas estarían dispostos a aceptar estas novas condicisións en beneficio dos que teñen contratos temporais xa que a pregunta debería se formular ao revés preguntando a patronal se estaría disposta a reducir os seu enriquecemento persoal empregando parte dos beneficios empresariais para mellorar a calidade do emprego cuns salarios que garantan unha vida digna e non só para sobrevivir.

O presidente da patronal mostrouse tamén partidario de reducir as  modalidades de contratación actualmente existentes, favorecendo que se poda contratar por días, horas, meses o años o que podería considerarse neoescravitude, traballo a demanda, sen garantías e sen dereitos. Unha medida ultracapitalista encamiñada a empobrecer á clase traballadora, que a condea á fame, á incertidume, sen ingresos fixos, incapaz de planificar o seu futuro e o dos seus fillos e fillas.

Pero o Presidente da CEOE na súa voracidade indecente continúa preguntado pola situación dos desempregados e desempregadas, afirmando que  deben recibir “a axuda mínima e necesaria” para seguir “sobrevivindo”.  Unhas declaracións que reflicten a súa calidade humana e ante as que AGE quere lembrar os casos abertos nos xulgados contra a patronal por “enriquecemento indebido”, “fraude”, “paraísos fiscais”, “evasión fiscal”, “corrupción”. “Se a patronal recorre a métodos como mínimo opacos para aumentar os seus beneficios, en canto estima que está a cantidade a percibir mensualmente para sobrevivir” pregunta a deputada Consuelo Martínez. Afirma Rosell que o diñeiro non é infinito e que se pode facer o que se pode facer e non máis. O problema non é que o diñeiro non sexa infinito, o problema radica en que o reparto do diñeiro é inxusto xa que uns poucos teñen moito, mentres moitos teñen moi pouco. Unha situación que se está a agravar coa mal chamada crise que non é máis que  un roubo á cidadanía do común.

 

Alternativa Galega de Esqueda defende que a solución pasa por levar a cabo un reparto   equitativo da riqueza, obligando que unha parte do beneficio empresarial se reinverta na mellorar das condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras, o que permitiría aumentar o consumo, crearía postos de traballo e garantiría o progreso social e unha sociedade máis xusta.

Relacionados