Onte, mentres o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Féijoo, dentro do hemiciclo un discurso cheo de mentiras e falsidades e que supón un auténtico insulto a todos os galegos e galegas, ás portas do Parlamento era detido e trasladado á comisaria nun coche da Policía Nacional un dos manifestantes que participaba na concentración convocada polo colectivo de emigrantes retornados para esixir unha solución e que rematen as sancións que están a padecer por parte de Facenda polo que non tributaron polas súas pensións entre os anos 1988 e 2012.
Unha vez máis o noso país está a sufrir a falla de sensibilidade do goberno que trata de coartar e amedrentar á cidadanía a través da ameaza e a represión policial, en lugar de atender e loitar, como é a súa obriga, por solucionar e defender os seus intereses e dereitos.