A revisión da prórroga da concesión a ENCE, tratada no Senado por Vanessa Angustia

A senadora de en Marea, Vanessa Angustia, vén de preguntar ao Goberno na sesión de control ao Senado pola revisión da prórroga da concesión a ENCE na Ría de Pontevedra. “Pensa o Goberno prorrogar la concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre na Ría de Pontevedra concedida á empresa ENCE enerxía e celulosa S.A en 2016?”, sinalou Angustia.

Ante esta pregunta, o Goberno evitou comprometerse, alegando que están “coa prórrogas pendentes de dar ou negar concesión” e que rematado esta tarefa, “verán abrir estudo das prórrogas concedidas tras a 2/2013 de costas”. “Isto é inadmisible, unha actuación irregular dun Goberno que debe ser subsanada e rectificada de inmediato”, afirmou a senadora.

Angustia destacou que a Ría de Pontevedra perdeu riqueza e sostibilidade na explotación con motivo da concesión de ocupación marítimo-terrestre a ENCE, “que ademais dividiron físicamente as poboacións da zona”.

Ver a intervención dende aquí:

Relacionados