A rixidez do Goberno municipal

 

Afirmábamos que os coruñeses e coruñesas teñen necesidades moito máis perentorias que a remodelación do paseo marítimo e propoñiamos a creación dun Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME), que sexa quen de xerar emprego a través do apio a PEME e autónomos e a promoción de cooperativas de desempregados.

 

Con todo, onte o alcalde insistía no plan director de renovación do paseo marítimo, situándoo como unha actuación de grande importancia para a veciñanza, xa que logo, Esquerda Unida lamenta que a rixidez do Goberno coruñés impídalle recoñecer os seus erros e debater as achegas do grupo municipal de EU-V.

 

A devandita actuación sobre o paseo marítimo sería apoiada por Esquerda Unida en tempos de bonanza económica, mais na situación actual significa unha burla para toda a veciñanza que está a pasar apuros económicos. Agora é tempo de que os poderes públicos centren os seus esforzos na reactivación económica a través do cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “o alcalde incide no modelo produtivo do ladrillo e o formigón, e triste que os nosos gobernantes non aprendan nada da crise, agora é tempo de que os poderes públicos centren os seus esforzos na reactivación económica a través do cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo”.

 

Esquerda Unida empraza ao Goberno municipal a que centre os seus esforzos en políticas destinadas a cubrir as necesidades da veciñanza, que dende logo non pasan pola remodelación do paseo marítimo.

Relacionados