A sanidade privada debe estar intervida e a disposición do interés xeral, o Covid-19 non entende de titularidades

Atopámonos un estado de alerta, cunha crise sanitaria declarada pandemia pola Organización Mundial da Saúde, pero en Galicia non sabemos que papel está a xogar a sanidade privada, e non se entende que se estean a montar hospitais de campaña por se foran precisos mentras os hospitais privados non reciben infectados polo Covid-19.

Hai dous días comparecía Núñez Feijóo ante a Deputación permanente na que Galicia en Común da man de Antón Sánchez, lle preguntaba cal era o papel que neste momento de crise sanitaria, estaba a ocupar a sanidade privada. Ante esta cuestión plantexada e replantexada, Feijóo preferiu non contestar.

Esiximos a intervención inmediata e disposición de todos os hospitais privados a disposición das necesidades sanitarias. Nun estado de pandemia como estamos a padecer cun número de infectados e mortes en ascenso, non sobra un minuto para poner a dispoción do interese xeral todos os medios privados que sexan necesarios. Estamos a falar de hospitais, de medios humanos e materias que agora máis que nunca son imprescindibles.

A Xunta de Galicia non pode facer deixadez de funcións, o privado tamén debe estar a disposición do pobo para colaborar e evitar máis mortes.

Esiximos novamente a comparecencia do conselleiro de Sanidade e da conselleira de Políticas Sociais para que dean contas da situación e do que están facendo ao respecto.

Relacionados