A senadora Vanessa Angustia defende a equiparación salarial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, vén de defender no Pleno a posición de Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea sobre a moción do Partido Popular pola que se insta ao Goberno a dar cumprimento aos PGE de 2018 en relación coa equiparación salarial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Angustia manifestou que a equiparación salarial proposta polo PP é “discriminatoria e inxusta”, ademais de que non tivo en conta as demandas de diferentes sindicatos da Policía Nacional e asociacións da Garda Civil integrados na plataforma JUSAPOL pola equiparación salarial. “É unha vergoña que tras 30 anos de reivindicacións aínda non se faga nada. O PP pretende que apoiemos un acordo que non conta con todos os sindicatos e que deixa fóra ao 70% dos axentes”, dixo.

O acordo do PP deixa fóra a máis de 13.000 axentes e asinárono só co 30% de representación dos e as traballadoras. “Se respectan un dereito tan elemental como a igual traballo, igual salario e deixan de politizar aos colectivos profesionais poderemos avanzar”, sentencia Angustia na súa intervención, que finalizou cunha mostra de apoio á vintena de representantes de JUSAPOL que foron convidados hoxe por Unidos Podemos ao Pleno do Senado. “Mellorar as condicións laborais das Forzas e Corpos de Seguridade é unha cuestión de vontade política. Cómpre deseñar unha nova política salarial non discriminatoria”, rematou.

Ver vídeo dende aquí:

 

Relacionados