A senadora Vanessa Angustia defende unha RTVE pública, independente e veraz

Esta semana, Vanessa Angustia defendeu no Senado o dereito da cidadanía a ter “unha televisión pública independente, veraz, plural e de calidade”.  Para iso, Angustia esixiu recuperar un modelo de televisión pública independente ao rexeitar a reforma “unilateral e en solitario” que saíu adiante no Senado para os nomeamentos. Ademais, adiantou que o seu grupo seguirá loitando porque os traballadores e traballadoras estean representados no Consello do ente público. “Defendemos que o persoal de RTVE teña representación no Consello de Administración para ter unha información independente”, dixo.

Neste senso, a senadora Vanessa Angustia sinalou que “RTVE ten que cumprir co Plan de igualdade. É unha vergoña a fenda salarial e a ausencia de mulleres nos postos de mando”, dixo. Por último, a senadora Vanessa Angustia rematou a súa comparecencia incidindo en que “o dereito á información é un dereito da cidadanía e básico para termos un país libre”.

Relacionados