A traballar !!!

 

César Santiso indicou que o PP e máis o PSOE están polemizando sobre salarios tentando facer crer a cidadanía que son os abandeirados da austeridade, cando a realidade é que BNG e Esquerda Unida – Os Verdes son as únicas formacións políticas que votaron en contra da estrutura salarial e, xa que logo, as únicas lexitimadas para falar de austeridade e rebaixa de salarios. Santiso, asemade, lembrou a súa renuncia expresa a cobrar dedicación polo seu traballo de concelleiro.

 

O anuncio da baixada dos emolumentos do alcalde nun 8% avalan o acerto e oportunidade da rebaixa de salarios proposta de Esquerda Unida – Os Verdes no pasado pleno do sete de xullo.

 

Con todo Esquerda Unida considera insuficiente a rebaixa do salario do alcalde, redución que se produce debido a indignación popular que supuxo saber que o noso alcalde cobraba practicamente o mesmo que o presidente da Xunta de Galicia.

 

O grupo municipal de EU-V, en aras da austeridade, convida ao Goberno local a reducir os salarios de TODOS os cargos públicos nun 25% tal e como defendeu EU-V no pleno en base a que as Administracións públicas débense rexer, entre outros, polo principio de austeridade, principio que cobra maior importancia nestes momentos de crise sistemática. Sendo, precisamente, os cargos públicos os que con maior intensidade deben dar exemplo de austeridade.

Relacionados