A urxencia dun plan de emprego

en materia de sector naval, conexións ferroviarias, saneamento e diversificación industrial; diante desa situación, EU  demanda unha resposta  real, posible e eficaz do goberno municipal diante das novas e malas  cifras de paro.

Esquerda Unida demanda a elaboración, participada co sindicalismo de clase   e tamén co empresariado da economía produtiva, dun plan de emprego local  que con carácter urxente permita axudar a paliar unha situación insostible para as persoas que perden o emprego, esgotan a prestación e restan alleas a calquera outra axuda pública.  O concello tense que implicar en axudar a crear emprego público cando  hai unha brutal destrución de emprego e unha fonda depresión da actividade económica.  A unión de traballo e formación co pagamento dun salario supón un elemento de inclusión social, un xeito de dinamizar a economía e unha axuda para realizar traballos de mellora da cidade.

O Plan de emprego comprometendo recursos municipais e buscándoos cunha actitude esixente noutras administracións, caso da Xunta, suporá un elemento que contrarreste a cotidianeidade  dunha cidade que vé como se pechan empresas, negocios e crecen os expedientes de regulación de emprego sen que o goberno municipal faga outra cousa que rendir pleitesía ao combate contra o déficit, combate por outra parte tramposo.

Esquerda Unida afirma que dende os poderes públicos a primeira prioridade non pode ser outra que a creación de emprego e a garantía de protección social para as persoas que se atopan no paro. Calquera outra cuestión ten que agardar e supón un violento ataque aos fundamentos da cidadanía social que proclama a Constitución.

A inacción en materia de creación de emprego, así como o fracaso da reforma laboral neste eido, nos leva a considerar que o PP atópase cómodo con cifras do desemprego brutais por canto xeran un inmenso exército industrial de reserva -segundo a expresión acuñada por Marx- que presiona á baixa as condicións materiais de traballo da clase. Semella que ese é o obxectivo inconfesable da política económica e social dun PP obediente e expresión de clase dos poderes económicos no Estado.

Relacionados