A venta de Galicia á minería

Alternativa Galega de Esquerda presentará tamén no pleno da semana que vén unha proposición non de lei sobre as actividades extractivas e outra relativa ao proxecto de reforma da Lei da interrupción voluntaria do embarazo que pretende levar a cabo o PP.

Santiago de Compostela, 4 xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) reclamará ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no vindeiro pleno do Parlamento que se pronuncie “a título persoal” sobre o plan de actividades extractivas que se está a impulsar desde o seu goberno e que suporá un auténtico “ataque vandálico” co que pretenden arrasar o país.

O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, explicou na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces do Parlamento que a pregunta do seu grupo para a vindeira sesión plenaria centrarase nos proxectos de minaría tóxica e salvaxe que está a defender o PP. O pasado domingo, milleiros de persoas amosaron nas rúas de Santiago de Compostela o seu rexeitamento a este plan “salvaxe e tóxico”. Beiras expresou o seu desexo de que o presidente da Xunta, por unha vez, responda ás preguntas da oposición. “Aínda que”, lamentou, “non teño moita confianza en que isto vaia a ocorrer”.

 

 

 

Relacionados