A Xunta ante Alimentos Lácteos

Como xa dende o comezo desta lexislatura ven denunciando Alternativa Gaelga de Esquerda e como agora se corrobora co informe do administrador concursal, foi dende o principio un negocio mal plantexado dende o punto de vista comercial e financeiro, probablemente porque se tomaron as decisións por intereses partidistas, como foron as cooperativas que entraron a formar parte do proxecto e a decisión de  colocar a dous homes fortemente ligados ao Partido Popular ao fronte de Alimentos Lácteos. O informe reflexa que nunca se chegou a un nivel de negocio suficiente para compensar os elevados custes fixos da planta, e dende o principio houbo graves problemas de liquidez.

Os deputados de AGE denuncian así mesmo a falta dunha folla de ruta do goberno do señor Feijoo no asunto Alimentos Lácteos, onde actúa dando bandazos que agravan aínda máis a situación da empresa. Ante o case definitivo fracaso do que foi o proxecto estrela do PP para o sector lácteo galego, AGE considera fundamental que se esclareza cales foron as decisións que conduciron á situación na que se atopa a empresa, con 16 millóns de débeda e con máis de 8 millóns de euros procedentes de Xesgalicia.

AGE solicitou os expedientes das concesións dos préstamos participativos por parte de Xesgalicia e aínda seguen sen ter contestación. Así mesmo, o grupo parlamentar esixe que os responsables da Consellería de Medio Rural e de Economía comparezan no Parlamento á explicar detalladamente qué decisións se tomaron nestes tres anos, quen as tomou, e en base a que criterios se tomaron xa que deben asumirse responsabilidades diante do que é un golpe gravísimo ao cooperativismo, aos centros de gandeiros aos que se lles adebedan grandes cantidades de diñeiro, e que probablemente non cobrarán, e aos traballadores da planta de Outeiro de Rei.

Relacionados