A Xunta privatiza a sanidade

 

Xa que logo, Esquerda Unida denuncia a privatización da sanidade pública que está a facer o goberno da Xunta do PP.

 

Coa privatización da sanidade o priman os intereses económicos por riba dos da cidadanía, e dicir os interesen das empresas privadas en detrimento da calidade asistencial. Deterioro da calidade que xa se ve cos recortes que se fixeron na prestación do transporte sanitario urxente.

 

EU defende a sanidade como servizo público e, xa que logo, debe primar a calidade asistencial sobre os intereses económicos

 

Esquerda Unida considera que os gobernos de esquerda deben sentar as bases para impedir que se privatice a sanidade mediante medidas como a derrogación da lei 15/97 sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema Nacional de Saúde para poder recuperar a sanidade pública, e non estar actuando como cavalos de Troia dos intereses privados.

 

A executiva nacional de EU lembra que esta privatización parcial a está a desenvolver a Xunta de Galicia en base a Lei de Saúde de Galicia aprobada na anterior lexislatura polo goberno bipartito do PSOE e BNG.

Relacionados