A Xunta promociona princesas

O Pleno do Parlamento Europeo aprobou o pasado 13 de marzo unha resolución “sobre a eliminación dos estereotipos de xénero na UE” (2012/2116(INI)) pola que se insta á acción das institucións europeas e aos estados membros a exercer as súas competencias para facer cumplir esta normativa. Normativa que a empresa premiada pola Xunta de Galicia, incumple a todas luces.

A Executiva Nacional de Esquerda Unida lamenta que a Xunta de Galicia premie á franquicia “Princelandia” exemplo de negocio que converte á muller nun estereotipo sexista e anacrónico. A Xunta vén de premiar o pasado 2 de marzo como “concepto nacional novedoso” unha empresa, Princelandia, que incumple a práctica totalidade dos puntos establecidos na resolución da Unión Europea, ao inculcar ás nenas pequenas estereotipos de xénero baseados en institucións anacrónicas onde a muller non é máis que un obxeto de intercambio e nunca debe traballar, onde o seu único fin é “ser guapa”.

Princelandia defínese como o primeiro spa infantil de Europa onde as nenas de entre 4 e 12 anos poderán facer un percorrido de sesións de maquillaxe, pedicura e manicura a recalcando dentro dun espazo de fantasía o papel da muller obxecto.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida afirma que “non se pode permitir que se estean a premiar iniciativas que lonxe de acadar a igualdade de xénero, sitúan á muller nun lugar humillante”. Os valores nos que a sociedade debe educar distan moito dos dun negocio que explota a figura da nena princesa, que habita nun mundo de fantasía no que a súa labor é estar guapa para cando chegue o seu príncipe azul.

Por iso, Esquerda Unida considera que a Xunta de Galicia debe de retirar o premio outorgado á novidade empresarial baseada no estereotipo máis rancio e machista. E debe comprometerse ao fomento da educación en igualdade para poder vivir en igualdade así como velar polo cumplimento da resolución europea que chama á eliminación de tales estereotipos de xénero.

 

Relacionados