O Consello Comarcal de EU Coruña considera inaceptábel que a Consellería de Educación suprimía un curso por un erro na presentación das matrículas. Erro que, segundo a ANPA, se debe a unha deficiente información en canto a prazos de matriculación. A Xunta utiliza como argumentación a falta de demanda de alumnos, pois ao peche da matrícula tan só solicitaron a súa inscrición tres alumnos. Con todo, ao comezo do curso eran 9 as persoas inscritas no dito curso, cantidade suficiente para desenvolver o curso segundo a normativa vixente que establece en zonas rurais a necesidade de contar con a lo menos 8 persoas matriculadas. Xa que logo, o problema no é por falta de alumnado senón por un erro na matriculación pois este ano o sistema foi máis ríxido, así o prazo de matriculación remataba o día 10 de setembro, mentres que as notas entregáronse o día 7 do mesmo mes e houbo que establecer o correspondente prazo de reclamacións.
Segundo Esquerda Unida as institucións están para servir a cidadanía, xusto o contrario que está a acontecer nesta ocasión. Aquí á administración está a crear dificultades e poñer atrancos burocráticos aos alumnos, pais e nais do curso suprimido. O menos que se lle pode pedir aos nosos gobernantes e que teñan a capacidade suficiente para xestionar con eficiencia este tipo de situacións. Así o caso do IES de Curtis debería de terse resolto dende o primeiro momento.
Agora ben, o mantemento da postura intransixente da Consellería de Educación, xunto coa rixidez e escaso tempo dado para a matriculación levan a pensar, segundo EU, que a Xunta do PP está a actuar dun modo perverso na procura de reducir cortes e polo tanto realizar recortes sociais tamén no ensino.
Para César Santiso, membro do Consello Comarcal de EU Coruña, semella inaceptábel o desprezo amosado cara os alumnos por parte do Director Xeral de Educación José Luís Mira. Segundo César Santiso afirmacións do estilo “o diñeiro público non é para malgastar en alumnos como estes” polo mero feito de terse que examinar en setembro por ter materias pendentes, descalcifican para a vida pública a quen as emite.