A Xunta terxiversa a realidade

A xuntanza tan so serviu para indicar que a Xunta tiña recolocados a meirande parte dos 250 alumnos que cursan os seus estudos no CEIP, en ningún momento debateuse a posibilidade de reverter as intencións da Xunta como tiña intención a delegación de pais e nais e, xa que logo, ningún acordo o consenso acadouse. Con todo, as informacións aparecidas hoxe na prensa, que citan fontes da Xunta, están a terxiversar a realidade.

 

Esquerda unida denuncia que a Xunta de Galicia trata de enganar a opinión pública, insinuando un acordo con pais e nais do IES Paseo das Pontes, algo totalmente afastado da realidade como o demostra a concentración de hoxe en Compostela.

 

Por outra banda, o consello comarcal de EU Coruña considera inadmisíbel a postura do alcalde e o seu equipo de goberno, que en lugar de defender os intereses da veciñanza, pliegase aos ditados da Xunta agachando a cabeza e dando a callada por resposta diante do conflicto.

 

Neste sentido, o voceiro do grupo municipal de EU, César Santiso, afirmou “en tan so unha semana de goberno o alcalde faltou varias veces a súa promesa de por os intereses da cidadanía coruñesa por riba dos intereses partidistas” e enumerou como exemplo o caso da residencia universitaria e os dos IES Paseo das Pontes e Eusebio da Guarda.

 

César Santiso anunciou que se presentará unha moción no pleno contra a reconversión do centro “tal e como acordamos na xuntanza do pasado mércores coa comunidade educativa estamos a coordinar a posibilidade de presentar unha moción conxunta co resto de forzas municipais que apoien as demandas do colectivo.

Relacionados