AA.VV dos Rosais

Xa que logo, Esquerda Unida reclama ao goberno municipal que modifique as liñas de bus 12-a e 14 para dar maior cobertura nos Rosales. Tal e como demandan os veciños e veciñas, polo que a propia asociación veciñal presentou no Concello unha proposta de modificación das liñas urbanas 12-A e 14, para que se altere o actual percorrido das devanditas liñas, e así, conseguir dar unha maior cobertura aos cidadáns e un servizo máis eficiente evitando que realicen a mesma ruta catro liñas de autobús urbano, como ocorre no momento actual.

Nesta xuntanza tamén nos explicaron a necesidade dunha liña directa coa universidade ao existir na zona un elevado número de xoves universitarios que precisan acceder diariamente ao Campus Universitario e o están a facer mediante o transbordo de varias liñas co claro prexuízo que lles supón.

Actualmente o goberno municipal non contestou a estas peticións veciñais. Polo cal, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes preguntará no Pleno si o goberno local atenderá as propostas da veciñanza dos Rosales para modificar as liñas de bus 12-a e 14.

Entendemos que o transporte público constitúe o único modo de desprazamento para moitos coruñeses e coruñesas. Asemade, xera valor para a maioría da cidadanía ao contribuír na calidade ambiental, na mobilidade básica da cidadanía e, en definitiva, na calidade de vida. EU considera que o transporte público é un dereito non un negocio polo que debe servir como ferramenta de cohesión social para favorecer os intereses dos cidadáns.

Semella ilóxico que o goberno municipal nin sequera valore as propostas presentadas pola veciñanza que é quen realmente utiliza o servizo público e sofre as súas deficiencias, asemade supón unha mostra de prepotencia obviar solucións que melloran un servizo público básico.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “atender estas propostas veciñais unicamente é cuestión de vontade política, de vontade de antepor os intereses xerais como son as melloras en servizos públicos aos intereses privados guiados polo lucro e o beneficio económico.

Relacionados