Hoxe a Xunta de Goberno Local aproba o derrubo do Bambú Club, nun contexto marcado polo desleixo do quefacer municipal e autonómico sobre o futuro dun barrio catalogado e protexido, alomenos nominalmente, pola Direción Xeral de Patrimonio.
“A piqueta e a especulación son as marcas de fábrica do goberno do PP en relación co barrio de Recimil”, subliña Javier Galán. Se recorta a partida para o mantemento do barrio, se bloquea e impide na práctica a entrega do cento de vivendas baleiras no barrio, ou se mete a piqueta nel; todo menos desenvolver un plan de actuación que contribúa a reverter o proceso de degradación material e social do barrio, que este goberno semella estar interesado en profundar, quizabes na busca dun pretexto para lanzar unha operación especulativa de gran formato. Porque o PP aposta máis pola especulación que por garantir o acceso a unha vivenda digna na nosa cidade.
Esquerda Unida lamenta a inacción do Goberno Municipal que non fai outra cousa que deixar pasar o tempo e namentras derrubar todo o que se poida.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida anuncia que emendará o orzamento da Xunta en materia de vivenda e rehabilitación ao traverso do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) para tentar conquerir unha primeira partida e o compromiso de subscribir un convenio de rahabiliatación coa Xunta e o Estado que permita acadar o financiamento suficiente para recuperar e rehabilitar un barrio con una valor histórico innegable e que acubilla un potencial enorme para desenvolver unha política pública de vivenda social en aluguer.