Asemade, existían dúas casetas de obra que estaban cubertas polas silveiras, e restos de materiais diseminados arredor. Esquerda Unida propuxo ao Concello que se deseñase unha solución para este problema levando a cabo unha limpeza das silveiras e dos materiais, e a retirada da pluma e das casetas, dado que non se estaba a facer ningunha obra e non había constancia de mantemento.
Esquerda Unida tacha ao goberno municipal de irresponsable e incapaz por permitir que unha grúa abandonada poña en perigo a seguridade da veciñanza durante dous anos e medio. Cabe lembra que o Concello é responsable subsidiario de calquera dano que estas instalacións poidan causar aos cidadáns, así como aos seus bens. Polo tanto, terá que verificar se a pluma pasou as inspeccións técnicas correspondentes e si os técnicos municipais requiriron ao titular da licenza para que presentase a documentación que acredite o seu correcto estado.
EU presentou no pleno ordinario, de marzo de 2012, a seguinte pregunta escrita: “ Cando ten previsto o Goberno municipal resolver cada un dos problemas descritos?” á cal o goberno municipal contestou “No se considera que los elementos ubicados en la parcela de la avda. de Monelos se encuentren en estado de abandono, apreciándose un mantenimiento interior de la parcela suficiente para el uso que se le está dando. En cuanto a la grúa, no se aprecia en esta inspección, salvo vicios ocultos, riesgos inminentes en la misma”
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao goberno local que desenvolva as accións necesarias para retirar urxentemente e a pluma de construción abandonada en Eirís, porque xa temos experiencia do perigo que supón unha pluma sen vixilancia, aínda máis cando está tan preto das vivendas e EU na súa labor de control e vixilancia as actuacións municipais comprobou hai uns días que a situación denunciada fai máis de ano e medio continua sen solución, a veciñanza de Eirís informounos da súa frustación ante a inoperatividade do goberno local. O certo é que resulta difícil de comprender como o goberno tendo coñecemento destes perigos continúa sen actuar asumindo un risco que pode ter consecuencias desastrosas.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a inactividade do goberno municipal non pode deixar aos cidadáns desprotexidos ante un grave problema de seguridade”.