Esquerda Unida cualificou a semana pasada de surrealista a proposta e afirmou que o señor concelleiro deliraba. Esta semana nos reafirmamos punto por punto nos mesmos comentarios e valoracións.
Nunha sociedade caracterizada pola concorrencia competitiva como estratexia para poñer en funcionamento o motor da ganancia, ESA QUE O SEÑOR LANTRY DEFENDE MESMO COMO A ÚNICA RACIONALMENTE EFICAZ, é un absurdo sen límites destinar cartos públicos a estimular, promover e alentar aquelo que vai de seu…. a condición que funcione a demanda. Case da rubor que o grupo de Esquerda Unida teña que poñerse a explicar estas cousas: o goberno dos mellores, a excelencia gobernativa personificada, os defensores da sociedade de emprendedores e todo iso deberían sabelo de carretilla. Imos explicarllo máis sinxelo: a sociedade que funciona producindo e consumindo mercadorías e servizos ,se non hai cartos para gastar, colapsa. E se os poucos que hai se derivan vía estímulos de todo tipo cara macro áreas comerciais entón colapsan algúns sectores comerciais TRADICIONAIS dobremente. E despois do colapso virá a ruína urbanística e caerán as casas e todo o demais que xa sabemos, incluída aparición en busca de oportunidades de mercado dos voitres económicos e urbanísticos, como tamén xa sabemos.