Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que posibilite o acceso ao servizo de internet no barrio da Zapateira Antiga para evitar o seu illamento tecnolóxico. Buscando solucións a esa insuficiencia que ten repercusións negativas para o barrio porque nos tempos que estamos a vivir non dispor deste servizo é un atraso e un atranco inaceptable para a veciñanza, que sufre desigualdade de oportunidade sen relación co resto de coruñeses que poden desenvolver telemáticamente tarefas administrativas, como por exemplo optar a certas subvencións, pago dalgúns impostos etc. Un illamento tecnolóxico que obstaculiza a existencia de oportunidades laborais que se poderían desenvolver na zona, non posibles ata o de agora por non contar co soporte tecnolóxico axeitado para iniciar calquera tipo de actuación laboral o carecer de acceso a internet de calidade. Entre as posíbeis solucións estaría o papel de facilitador dun acordo entre as compañías que ofertan eses servizos para mellorar o acceso a internet e a veciñanza.
O Grupo Municipal de Esquerda unida – Os Verdes considera que na actualidade a posibilidade de ter acceso a internet é un dereito polo que presenta unha pregunta escrita para saber si o goberno local ten pensado resolver o problema de accesibilidade a internet na Zapateira Antiga. Concretamente:
– Ten pensando o goberno municipal reunirse coa AVV. As Revoltas para debater as posibles solucións ás eivas no acceso a internet do barrio? Cando?
– Ten pensado o goberno municipal artellar algunha solución para evitar o illamento tecnolóxico o que está levando ao barrio da Zapateira Antiga? E en caso afirmativo cando estima o goberno local que a solución estea operativa?
O Voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou a necesidade de apoiar á veciñanza nesta demanda para facilitar o acceso a internet nos fogares da zona da zapateira imprescindible para a veciñanza, porque “todas as persoas debería ter a posibilidade de dispor acceso a internet”.