Accesos á zona do Birloque

Esquerda Unida apoia a recollida de sinaturas para mellorar os futuros accesos na 3ª rolda aprobada na asemblea veciñal celebrada o vindeiro 15 de novembro, na que se solicita o soterramento do tráfico rodado da Avda. San Cristovo para que así as conexións viarias e peonís entre Avda. de Glasgow e Pablo Picasso queden ao nivel actual, evitando a pasarela peonil que está proxectada e supón un grave problema de mobilidade para a veciñanza xusto na arteria de conexión do barrio. Pois con esta solución queda practicamente illada rúa Pablo Picasso, na que se atopa instalacións fundamentais como a gardería, o colexio ou o centro de saúde.

César Santiso, indicou que “os poderes públicos deben ter en conta as características da cidadanía cando desenvolven unha infraestrutura, algo que non acontece na zona do Birloque”, a veciñanza da zona ten unha elevada media de idade, sendo o colectivo maioritario as persoas maiores que verán gravemente diminuída a súa autonomía, xa que moitos non están capacitados para cruzar mediante unha pasarela.

Santiso recordou que a veciñanza da zona leva sufrindo máis dun lustro as obras da 3ª rolda. Mentres estás seguen a retrasarse os veciños e veciñas viven illados do resto da cidade e nun estado de sitio de barro e maquinaria que a meirande parte do tempo está parada.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao concello a que desenvolva as actuacións necesarias para garantir a seguridade viaria no Birloque e suplir as carencias agora existentes. Xa que a zona evidencia un grave déficit en sinalización viaria e pasos de peóns. Asemade os vehículos circulan a grande velocidade, como se fosen bólidos sen ningún tipo de control. Mentres os poderes públicos fían a resolución de todas as carencias ao final da devandita actuación, dende Esquerda Unida esiximos actuacións provisionais e inmediatas, incorporando as sinais viarias e pasos de peóns necesarios, así como badéns para impedir circular a alta velocidade.

Ramón Mañana que detallou polo miúdo estes problemas, subliñou que dende que empezaron as obras houbo varios atropelos, en dous deles custáronlle a vida a veciños do barrio. Situación inaceptable que hai que resolver deseguido.

Relacionados